Abdul-Mateen II é o novo Wonder Man

374

O actor Yahya Abdul-Mateen II, a quen vimos recentemente en Watchmen e Aquaman, vai cambiar de bando no que se refire aos universos do cómic, e protagonizará a série da Marvel Studios Wonder Man para a Disney+.

Andrew Guest (Community) é o guionista xefe desta série, que conta con Destin Daniel Cretton (Shang-Chi and the Legend of the Ten Rings) coma produtor executivo e pode que mesmo coma director dalgún episódio.

Nos cómics, Simon Williams (Wonder Man) é un membro fundador dos Vingadores da Costa Oeste, baseados en Los Angeles, e ademais de superheroe, é famoso coma actor e dobre de acción. O persoaxe ten unha salientábel relación con outros heroes xa aparecidos nas pantallas: Vision e a Bruxa Escarlata.

No elenco da série atópa-se ademais Ben Kingsley, quen repetirá o seu papel do actor Trevor Slattery, que xa fixo en Iron Man 3 e Shang-Chi.