Cancelada Stargirl

281

StargirlStargirl ven de ser cancelada. A série da canle The CW rematará deste xeito coa súa actual terceira tempada e emitirá o seu derradeiro episódio o vindeiro 7 de decembro. As novas, que xa se daban por feitas dende a venda da canle ao grupo Nexstar, son só parte do cámbio de rumbo da The CW, que pasará a emitir poucos ou ningún programa con guión, e supoñen a fin doutra série do chamado “Arrowverso” da DC. Nestes intres só fica en pé Superman & Lois, que aínda ten previsto emitir unha nova tempada o ano que ven.