O director compostelán Fernando Cortizo subiu a súa película O Apóstolo a YouTube, onde agora póde-se ver de balde en 19 idiomas, entre eles por suposto en galego.
O filme, do ano 2012, foi a primeira longametraxe stop-motion estereoscópica de Europa (e a segunda do mundo por atrás de Coraline), resultou preseleccionada aos Oscar e nomeada aos Goya e gañou seis prémios Mestre Mateo en 2013. Con modellmakers de Corpse Bride, música orixinal de Philip Glass, actores de primeiro nivel e unha élite de animadores internacionais.
A película narra a história dun preso fugado que trata de recuperar un botín escondido anos atrás nunha afastada aldea, pero o que alí atopa suporá unha condea maior da que conseguiu escapar. Estraños anciáns, almas en pena e até o mesmísimo arcipreste de Compostela interporán-se no seu camiño.
Por certo que se che gusta a película, tes a posibilidade de facer doazóns para axudar a pagar as débedas do custo da súa realización, que non recuperou o custo de produción.
Tamén podes comprar o DVD a través da web, coa versión orixinal en língua galega e incluíndo a cesión de dereitos para realizar visións sen ánimo de lucro, así como as visualizacións en centros educativos, bibliotecas e centros socioculturais.
Máis información en www.oapostolo.com.