Charisma Carpenter en Vivid

0
148

Charisma CarpenterA produtora inglesa Red Sparrow ven de anunciar o que será o seu primeiro proxecto, un filme de terror psicolóxico titulado Vivid e que contará como protagonista coa actriz Charisma Carpenter, a coñecida Cordelia das séries Buffy Cazavampiros e Angel.

O filme contará cun orzamento de 1,2 millóns e estará rodado en Inglaterra. O encargado de dirixir o proxecto será Reg Traviss, e no casting están ademais actores coma Ricci Harnett, Sean Chapman e Justin Hawkins.

O argumento céntra-se nunha novelista de New York que se muda a unha vila rural inglesa onde atopará o rexeitamento dos seus habitantes e comezará a se ver invadida por terríbeis visións dunha masacre.

A Red Sparrow tamén conta con outros proxectos na recámara coma un novo filme de John Landis, un western con vampiros chineses chamado Bone Orchard e mais unha comédia de terror de nome Cockneys vs. Zombies.