Luca Guadagnino e a Múmia

225

Luca GuadagninoO realizador italiano Luca Guadagnino (Suspiria, Bones and All) quere continuar a súa racha no xénero de terror resucitando a un clásico da Universal: a Múmia (1932). “É un corpo podre en ligaduras podres, por iso o que está dentro é [tan] interesante como o que está fóra. Debe meter moito medo e ser moi terminal. Debería ser un filme pequeno, pero con moita profundidade e que meta moito medo. Hai unha múmia de Joe Dante que nunca aconteceu e eu me sinto mal porque Joe é un mestre, e teño a certeza que el faría algo incríbel“.