Os plans da Disney para Indiana Jones

243

Seica a Disney está a tentar activamente desenvolver unha série de televisión de Indiana Jones para o servizo de streaming da Disney+.

A Disney e mais a Lucasfilm consideraron especificamente a posibilidade dunha série ambientada no mundo do famoso arqueólogo en xuntanzas con diversos escritores. Ambas compañías queren atopar un guionista que se encargue do proxecto, polo que de momento non hai detalles sobre a trama.

O que non está claro é a natureza dese proxecto: se se trata dunha precuela semellante á série The Young Indiana Jones Chronicles de comezos dos anos 90, un spin-off dun persoaxe xa existente, unha obra que se conecte coa vindeira quinta película, ou dun reincício completo da saga.

Pola súa banda, o actor Harrison Ford xa declarou que non volverá interpretar ao persoaxe despois da quinta película, cuxa rodaxe xa rematou e ten prevista a estrea para o ano que ven. E cos ollos no futuro, a Disney está a explorar distintas opcións para manter viva a franquía.