Guillermo del Toro ven de publicar na súa conta de Instagram unha proba de gráficos xerados por computadora que fixo mentres preparaba Mountains of Madness hai anos. O clip de 25 segundos é unha secuéncia animada en 3D que amosa o que pretendía facer cos efectos especiais. O realizador mexicano declarou o ano pasado que aínda quere reescribir o seu guión orixinal para que o filme sexa mais barato de producir.