Regresa Tom Holland coma o Home-Araña?

226

Tom HollandDende onte está-se a espallar o rumor de que Tom Holland asinou un contrato coa Marvel Studios e a Sony Pictures para regresar ao seu papel de Spiderman por unha chea de novos filmes. Segundo as informacións, que non están confirmadas en absoluto, o acordo incluiría non só unha nova triloxía do noso gabeamuros favorito, senón aparicións en dous ou tres filmes adicionais, posibelmente dos Vingadores. Kevin Feige admitiu o ano pasado que o desenvolvemento dunha cuarta entrega de Spider-Man estaba en marcha daquela.