A secuela de Constantine (2005) está xa en marcha, protagonizada por Keanu Reeves, guión de Akiva Goldsman e dirixida por Francis Lawrence. Este último declarou que desta volta, o filme terá unha cualificación para maiores de 18, que é “o que a xente sempre quixo orixinalmente, non a versión para maiores de 13 anos“. O seu plan de todos os xeitos é face-lo cun tón de comédia, porque “John Constantine é un persoaxe divertido dun xeito escuro e cómico e eu quero engadir definitivamente mais dese sentido do humor sarcástico e cínico á história“.