Cailee Spaeny contra o novo Alien

302

A prometedora actriz Cailee Spaeny (Devs, Mare of Easttown) está a negociar coa 20th Century Studios a súa entrada no elenco da vindeira entrega da franquía de Alien no cinema, no papel da protagonista.

O realizador uruguaio Fede Álvarez (The Girl in the Spider’s Web, Evil Dead) escribiu o guión e será ademais o director desta longametraxe, que reiniciará dalgún xeito a franquía, se ben aínda non está claro de que maneira se vai levar a cabo a ideia.

O mesmo Álvarez e mais o director do filme orixinal, Ridley Scott, a través da súa empresa, a Scott Free, serán os produtores do proxecto, que será a sétima entrega da popular saga de ciéncia-ficción, e iso sen contar os dous filmes de Alien vs. Predator.

A incorporación de Spaeny ao elenco suporá en calquera caso a continuación da tradición de Alien de contar case sempre cunha protagonista feminina.