Sonic Prime

978

NETFLIX / Sonic Prime. As aventuras do ourizo Sonic aceléran-se cando un encontro co doutor Eggman provoca a ruptura do universo. Desesperado por reconstruír a súa realidade primixénia, Sonic descubre mundos estraños e recruta novos amigos nunha aventura épica, á que lle prestan as voces Deven Mack, Brian Drummond, Ashleigh Ball, Shannon Chan-Kent, Adam Nurada e Ian Hanlin. A série, animada por WildBrain e producida por SEGA, contará cun episódio de 40 minutos e sete de 20 minutos. A estrear o 15 de decembro.