Novo intento por fuxir de New York

506

O colectivo de directores coñecido coma Radio Silence, responsábel de recentes filmes coma Scream ou Ready or Not, está en conversas para se encargar do longamente agardado remake de Escape from New York. O trío, composto por Matt Bettinelli-Olpin, Tyler Gillett e Chad Villella, aínda non ten un guión e o protagonista do filme orixinal, Kurt Russell, nin sequera foi contactado polo de agora.

A película orixinal estaba ambientada nun futuro distópico no que os Estados Unidos se converteran nun estado totalitário policial e teocrático e a illa de Manhattan era unha prisión de máxima seguridade rodeada de altos muros. O antigo oficial das forzas especiais Robert “Snake” Plissken (Russell), que está prisioneiro, ten vinte e catro horas para entrar, rescatar ao Presidente, secuestrado polo criminal mais perigoso da cidade, e saír.

Ao longo dos últimos anos se fixeron vários intentos de volver a narrar a história, dende unha versión con Gerard Butler no papel de Snake Plissken a unha mais recente con Leigh Whannell vencellado ao posto de guionista, pero ningunha delas chegou a bó porto.

O colectivo Radio Silence está aínda a traballar na sexta entrega da franquía de Scream.