O Horizonte de César Augusto Acevedo

211

O colombiano César Augusto Acevedo (Tierra y sombra, revelación en Cannes 2015) roda agora o seu segundo filme, unha fita de xénero fantástico titulada Horizonte e protagonizada pola chilena Paulina García e mais o colombiano Claudio Cataño.

Escrita polo mesmo director, a história xira ao redor de dúas pantasmas, unha nai e o seu fillo, separados pola guerra e que, despois de mortos, reatópan-se nun mundo absolutamente destruído pola violéncia. Inés e Basilio buscarán os verdadeiros valores da vida, cando a esperanza semella estar perdida.

Curiosamente o seu director negou que este filme sexa de xénero fantástico: “Todo o contrário! Para min é unha película estremadamente realista que se desenvolve en lugares reais onde tivo lugar todo o horror e a traxédia do conflito armado colombiano, para reflexionar sobre a violéncia, especialmente dende un punto de vista moral e espiritual“.

Horizonte é unha coprodución europea que conta con Paola Andrea Pérez Nieto para a Inercia Films, Thierry Lenouvel para a francesa Ciné-Sud Promotion, a luxemburguesa Tarantula, a chilena Quijote Films e mais a alemá UnaFilm. A estrea está prevista para 2024.