E o Oscar vai para…

0
190

A cobizada estatuíña dos OscarO xénero fantástico estivo este ano representado por tres filmes gañadores na gala dos prémios Oscar da Académia de cinema de Hollywood.

O Oscar aos millores efectos especiais recaiu en O compás dourado, que venceu sorpresivamente a Transformers e mais a Piratas do Caribe 3, dous filmes que partían coma claros favoritos na carreira.

Pola súa banda, Brad Bird gañou o seu segundo Oscar (o primeiro fora en 2004 con Os Incríbeis) grazas ao filme de debuxos animados Ratatouille, que leva camiño de se converter nunha grande lenda por mor dos moitos prémios que xa recadou dende a súa estrea. De todos os xeitos, Ratatouille só gañou ún dos cinco Oscars aos que estaba nominado.

Finalmente, o terceiro Oscar da noite foi a parar a Tim Burton polo seu filme musical Sweeney Todd The Demon Barber of Fleet Street (“O terríbel barbeiro da rúa Fleet”), que foi galardonado co prémio á millor dirección artística. A película de Burton recebiu críticas non demasiado positivas, por mor do seu exceso co sangue e mais as súas reminiscéncias dos filmes de terror da Hammer, pero se cadra foi precisamente iso o que miraron de bó os membros da Académia.