O realizador franco-alxerián Yann Demange ven de recibir o encargo de dirixir Blade para a Marvel Studios.
Demange dirixiu xa filmes coma 71, o aclamado thriller de Jack O’Connell, ou a película de Matthew McConaughey White Boy, pero a súa única incursión no xénero fantástico até o momento foi o episódio piloto da série da HBO Lovecraft Country.
Ademais, o nominado ao Emmy Michael Starrbury foi contratado para escribir un novo guión para a película, que aínda conta con Mahershala Ali coma protagonista. Seica o mesmo Ali participou persoalmente na elección do guionista.
A nova intención é facer que o filme tea un tón escuro e crú, converténdo-a nunha das películas mais ousadas do universo cinemático da Marvel e potencialmente mais en liña coas relembradas longametraxes que protagonizou Wesley Snipes.
Deste xeito a nova equipa creativa volve a poñer o proxecto en marcha despois de que o director orixinal, Bassam Tariq, renunciara ao seu posto por mor de diferéncias creativas xusto uns meses antes do comezo da rodaxe, que estaba prevista para este mes en Atlanta.
A nova data de comezo da rodaxe será 2023, mentres que a data de estrea continúa fixada para o 6 de setembro de 2024.