Brandy volverá a ser Cincenta

391

A controvertida cantante e actriz Brandy Norwood retomará o seu emblemático papel de Cincenta do telefilme da Disney de 1997 Rogers and Hammerstein’s Cinderella na vindeira secuela do conto, que levará por título The Pocketwatch.

Este musical cinematográfico transcorrerá no universo da popular franquía The Descendants dirixida por Kenny Ortega e creada por Josann McGibbon e Sara Parriott e que ten lugar nun mundo que é a continuación dos clásicos filmes de debuxos animados da Disney.

Os protagonistas serán Red (Kylie Cantrall), a rebelde filla adolescente da Raíña de Corazóns (Rita Ora), e Chloe (Mia Baker), a alegre pero inxénua filla de Cincenta e o Príncipe Azul. Ambos atópan-se nunha celebración transcendental no reino de Auradon cando se desata un caos inesperado. Para evitar un golpe de estado inminente, deben unir forzas para viaxar no tempo, a través dun reloxo de peto máxico creado polo fillo do Sombreireiro Tolo, para deter un acontecemento que podería ter graves consecuéncias.

Outros membros do elenco xa anunciados son China Anne McClain coma Uma, filla de Ursula, Dara Reneé coma Ulyana, a irmá de Ursula, Ruby Rose Turner coma a versión moza da Raíña de Corazóns, Morgan Dudley coma a versión nova de Cincenta, Joshua Colley coma Garfo, e Melanie Paxson coma a Fada Madriña.

A película estará dirixida por Jennifer Phang e escrita por Dan Frey e Russell Sommer.