Gilliam téntao de novo

0
169

terrygillianMentres o derradeiro filme no que participou Heath Ledger, The Imagnarium of Doctor Parnassus, xa está rematado e listo para a estrea, o seu director, Terry Gillian, xa comeza a mirar cara o seu seguinte proxecto… ou se cadra, cara ao anterior.

Tony [Grisoni] e mais eu escomezamos a reescribir Don Quixote esta mesma semana pasada. Por fin temos de novo o guión. Relín o millor dos guións que tiñamos escritos e decatei-me de que había que reescribi-lo! Realmente quero escomezar con todo isto para o mes que ven ou así“, dixo Gillian (12 Monos, Time Bandits).

Hai uns dez anos Gilliam e Grisoni (Medo e Noxo en Las Vegas) escribiron O Home que matou a Don Quixote (“The Man Who Killed Don Quixote”), un intento orixinal de filmar o clásico de Cervantes. Pero a produción só puido aturar unha semana de rodaxe antes de se cancelar por mor de vários desastres, dende accidentes dos actores que resultaron feridos até inundacións no plató de rodaxe e interferéncias das forzas aéreas españolas sobre o ceo da Mancha onde se estaba a filmar.

Os problemas en si mesmos foron filmados e amosados con grande detalle nun documental que se titulou Lost In La Mancha. Após de moitos problemas legais e reclamacións ás compañías de seguros, os dereitos sobre o guión do Quixote por fin reverteron á parella.

Gilliam ainda desexa facer o proxecto e agarda poder filma-lo a finais de este ano. “Estou comenzando a crér que tiven sorte, porque se cadra o filme será millor agora que hai sete anos“, dixo.