Echo é o anticipo do novo Daredevil

128

DaredevilO actor Vincent D’Onofrio confirmou que a vindeira série da Disney+ Echo servirá coma prólogo ao regreso de Daredevil á tele noutra série titulada Daredevil: Born Again prevista para 2024 e que contará polo de agora con 18 episódios na súa primeira tempada. D’Onofrio, que interpretou a Kingpin en Daredevil e Hawkeye, dixo: “Nos últimos episodios de Echo é coma se estivera a tope. Vai ser algo moi especial. E iso leva-nos, por suposto, a Born Again“.