Bambi, a máquina de matar

201

Rhys Frake-Waterfield, o director de Winnie The Pooh: Blood and Honey, ven de pór os ollos noutro clásico dos contos para nenos, e neste caso é unha película que xa de por si está considerada como algo sinistra.

Do mesmo xeito que acontece con Winnie The Pooh, o material orixinal de Bambi, a novela do escritor austríaco Felix Salten de 1923 Bambi: Eine Lebensgeschichte aus dem Walde, é agora de domínio público e póde-se utilizar polo tanto sen pagar dereitos de autor. E no filme Bambi: The Reckoning, do que Frake-Waterfield será o produtor executivo e Scott Jeffrey (The Curse of Humpty Dumpty) dirixirá, veremos unha versión moi distinta do conto clásico: “Bambi será unha desapiadada máquina de matar que axexa na natureza. Preparáde-vos para Bambi con rábia!“, dixo Jeffrey.

A adaptación en debuxos animados da Disney de 1942 é un dos filmes mais emblemáticos da compañía, pero o seu comezo, coa violenta morte da nai de Bambi e mais o incéndio no bosque, aínda perturba aos nenos que viron o filme.

Frake-Waterfield anunciou asemade que tamén está a desenvolver unha versión sinistra de Peter Pan titulada Peter Pan: Neverland Nightmare.