A princesa checa que gaña á Marvel

165

Princezna zakletá v case 2Na súa primeira fin de semana, o filme checo de fantasía Princezna zakletá v case 2 (A Princesa Perdida no Tempo 2) atraeu mais espectadores ca Black Panther: Wakanda Forever (67.000 contra 57.000). A película do director Petr Kubík, que é un conto de fadas mais para adolescentes que para nenos e que ten mais acción e efectos especiais cá primeira parte, conta cun elenco distinto do orixinal e está centrado en persoaxes diferentes: a princesa Ellena (Natalia Germani), a alquimista Amelia (Eliška Křenková) e mais o príncipe Jan (Marek Lambora).