EN BREVE 27. Jan 2023 O filme de James Cameron Avatar: The Way of Water sobrepasou esta semana os 2.000 millóns de dólares de recadación nos despachos de billetes de todo o mundo, converténdo-se deste xeito na quinta película con maior recadación da história do cinema e superando a Avengers: Infinity War . A secuela de Avatar leva camiño de pasar tamén aos 2.068 millóns de Star Wars: The Force Awakens , o que suporá que Cameron contará axiña con tres das catro películas mais rendíbeis de todos os tempos.
25. Jan 2023 Os Oscars deste ano contarán cunha participación do xénero fantástico moi salientábel, despois de que Everything Everywhere All At Once levara once nominacións, que se deron a coñecer onte. Avatar: The Way of Water e Black Panther: Wakanda Forever séguen-lle os pasos con cinco cadansúa e Nope con tan só unha. Fóra do xénero, a longametraxe alemá Im Westen nichts Neues fíxo-se con nove e The Fabelmans de Steven Spielberg, con oito. Os gañadores serán anunciados nunha gala o 13 de marzo.
25. Jan 2023 O veterán Michael Cudlitz (Abraham Ford en The Walking Dead ) interpretará ao superfalcatruán mais emblemático da DC Comics, Lex Luthor, na vindeira terceira tempada de Superman & Lois na canle The CW. Na série, Luthor é o multimillonário dono da LexCorp, pero en realidade é un brutal psicópata que aterroriza a todos os que ousan opoñerse-lle. Agora está a buscar vinganza contra Superman (Tyler Hoechlin) e Lois Lane (Elizabeth Tulloch).