Tom e Jerry en carne e óso

851

Tom e JerryA Warner Bros. Pictures ven de confirmar que levará adiante o seu proxecto de facer un filme cos clásicos persoaxes dos debuxos animados da Hanna-Barbera Tom e Jerry con actores reais e misturando imaxes xeradas por computador.

No mesmo xeito ca Garfield e Alvin e os Esquíos, o gato e mais o rato, eternos amigos e inimigos creados pola HB e que apareceron en 114 curtas da Metro Goldwyn Mayer converterán-se en persoaxes xerados por computador que se moven nun mundo real.

O produtor Dan Lin (Sherlock Holmes, Terminator Salvation) e mais o guionista Eric Gravning adaptarán ao duo nunha história orixinal que revelará como se atoparon os dous persoaxes e coma escomezou a súa rivalidade.