Carlota Pereda entra na ermida

197

Coa presenza de case 1.200 extras, o pasado 24 de outubro deu comezo a rodaxe de La ermita, a nova longametraxe da directora Carlota Pereda (Cerdita), e que durará en princípio até fin de ano.

Cun guión orixinal de Albert Bertran Bas, Carmelo Viera e mais a mesma directora, esta ollada no terror róda-se en paisaxes do País Basco e Navarra e conta coma protagonista á veterá Belén Rueda (El Orfanato), a nena de oito anos Maia Zaitegi, Josean Bengoetxea, Loreto MauleónJon OlivaresElena Irureta e mais Nagore Aranburu.

A história vai sobre como Emma (Zaitegi) quere aprender a se comunicar co espírito dunha nena que leva atrapada nunha ermida dende hai séculos, e para elo convence á escéptica médium Carol (Rueda) para que a axude. O contacto permitirá-lle mater un vencello coa súa nai enferma unha vez que morra, pero o que Carol non sabe é que a nena ten un poder auténtico e que necesita a alguén que o controle.

O argumento seica inspíra-se nos médicos da peste negra, que no século XVII vivían totalmente illados da sociedade, agochos baixo máscaras de paxaro e portando longos e afiados caxatos cos que se protexían dos pacientes infectados. Este punto de partida deu lugar a unha fábula que flutúa entre o pasado e o presente, entre o suspense e o fantástico, mentres explora o amor entre unha nai e o seu fillo, a morte, e facer as paces consigo mesmo e cos demais.

La ermita conta coa produción da Filmax e a Bixagu Entertainment, ademais da Netflix, RTVE e EiTB e ten prevista a estrea para 2023.