Seth Rogen será Xesús Cristo?

0
219

Seth RogenO director de cinema de terror Alexandre Aja (As cuíñas teñen ollos, Espellos) está a considerar facer unha versión para a pantalla grande da novela satírica de Didier van Cauwelaert The Gospel According to Jimmy.

O argumento vai de que hai uns cantos anos o partido Republicano dos Estados Unidos quería voltar á Casa Branca e o único xeito que atoparon foi un proxecto de clonación a partir das células de Xesús Cristo que atoparon nas pingas do sangue da saba santa de Turín. E ún dos suxeitos do experimento sobreviviu e traballa na actualidade coma limpados de piscinas en Los Angeles. Cháma-se Jimmy e os republicanos queren atopa-lo e pedir-lle que os axude a regresar ao pdoer en Washington.

O millor do caso é que para este filme Aja quere contar co actor e guionista Seth Rogen, que segundo el sería o perfecto Xesús. O proxecto ainda non conta coa luz verde dos produtores até que non exista un guión que adapte a novela.