SIFU dá o chimpo ao cinema

485

A Story Kitchen, a compañía de Derek Kolstad (The Falcon and the Winter Soldier) e mais os estudos Sloclap de París van traballar xuntas para adaptaren ao cinema nun filme de acción real o aclamado videoxogo deste ano SIFU. O mesmo Kolstad encargará-se de escribir o guión.

Ambientada na China dos nosos tempos, a história ten coma protagonista ao estudante de artes marciais Sifu, que quere vingar-se polo asasinato do seu mestre e mentor. O elemento principal do xogo é que Sifu posúe un talismán máxico capaz de o resucitar cada vez que morre, pero a costa de o envellecer un pouco decontado. E no caso de que envelleza demasiado rápido, a súa morte será inevitábel.

O título independente, aparecido en febreiro para Windows, PlayStation 4 e PlayStation 5, e en novembro para Nintendo Switch, vendeu médio millón de cópias en dous días, e mais dun millón de cópias após das súas tres primeiras semanas nos andéis das tendas. Para este proxecto, Kolstad, Dmitri M. Johnson, Mike Goldberg, Dan Jevons, Jeff Ludwig e Timothy I. Stevenson serán os produtores.