A Amazon Studios comezou xa a traballar nun filme que adaptará o clásico videoxogo da SEGA de 1991 ToeJam & Earl, coa produción da Unanimous Media e mais a Story Kitchen.
Creado por Mark Voorsanger e Greg Johnson, o xogo vai sobre dous rapeiros alieníxenas que chegan á Terra á procura dunha cura para a enfermidade que desola o seu planeta e que está a acabar co ritmo, o funk e mais o bó xorne. Segundo as súas lendas, a Terra é o paradiso onde foi creada a música que lles gusta.
Nombergantes, ao chegaren, a súa nave é destruída e atopan que a Terra non é o lugar que agardaban, así que comezan unha procura para descubrir tanto da música coma sexa posíbel, coa esperanza de salvar ao seu planeta.
O xogo converteu-se nun clásico de culto e tivo dúas secuelas. Amos Vernon e Nunzio Randazzo (responsábeis de Hotel Transylvania 4) escribirán o guión, que producirán Stephen Curry, Erick Peyton, Dmitri M. Johnson e mais Dan Jevons.