Coma era de agardar, a chegada dos novos xefes da DC Studios James Gunn e Peter Safran remata con moitos plans que se estaban a facer, e a primeira vítima será a terceira parte de Wonder Woman. A directora Patty Jenkins e mais o guionista Geoff Johns enviaran unha proposta hai uns días, pero foi desbotada decontado. O resto de superheroes está en suspenso, con JasonMomoa (Aquaman) e Henry Cavill (Superman) polo de agora en paro.