O seguinte megaproxecto do realizador Wes Anderson (Grand Budapest Hotel, Moonrise Kingdom) será Asteroid City, que ven de se facer co 16 de xuño de 2023 para a súa estrea nas salas de cinema.
A Focus Features dará ao filme unha estrea limitada, e coma esta data está no médio de dous probábeis éxitos de público (The Flash o día 16 e sobre todo Indiana Jones and the Dial of Destiny o 30), haberá unha segunda estrea para o día 23, desta volta con mais salas.
O proxecto en todo caso está ambientado nos anos 50, nunha fictícia vila no deserto americano durante unha convención de rapaces fans da astronomía. O caos se desata cando o acontecemento, organizado para reunir a estudantes e pais de todo o país nun ambiente de compañeirismo e competición académica, ve-se espectacularmente perturbado por sucesos que poden cambiar o mundo.
No elenco de superluxo están Tom Hanks, Margot Robbie, Jason Schwartzman, Scarlett Johansson, Jeffrey Wright, Bryan Cranston, Ed Norton, Adrien Brody, Steve Carell, Matt Dillon, Willem Dafoe e Jeff Goldblum, entre outros moitos.
Anderson, Steven Rales e Jeremy Dawson serán os produtores.