Howard escala a Montaña Enfeitizada

657

Bryce Dallas Howard será a protagonista na Disney+ do episódio piloto dunha nova série para nenos baseada na franquía de Witch Mountain.

A série tentará amosar unha versión moderna da clásica franquía da Disney e contará como dous rapaces, esta vez adolescentes, desenvolven estrañas habilidades paranormais e descubren que o seu adurmiñado arrabalde das afóras non é tan idílico coma semella.

Isabel Gravitt (The Watcher), Levi Miller (A Wrinkle in Time), Bianca “b” Norwood e mais Jackson Kelly compoñen o resto do elenco.

Travis Fickett e Terry Matalas co-escribiron o episódio piloto e serán os produtores executivos xunto a Augustine Frizzell, Gary Marsh, John Fox e John Davis. Frizzell dirixirá o proxecto para a ABC Signature.

O filme Escape to Witch Mountain estreou-se en 1975, baseado á súa vez nun libro de ciéncia-ficción de Alexander Key co mesmo título e publicado en 1968. En 1978 e 1982 apareceron senllas secuelas, mentres que Dwayne Johnson protagonizou Race to Witch Mountain, un relanzamento da franquía en 2009.

Howard pola súa banda continúa vencellada ao proxecto de Flight of the Navigator na Disney+ coma directora.