A Netflix ven de anunciar os seus plans para producir un filme de acción real baseado no manga e anime My Hero Academia xunto á Legendary Entertainment.
Joby Harold (Army of the Dead, Obi-Wan Kenobi) está a escribir o guión da longametraxe, que dirixirá Shinsuke Sato facendo o seu debut coma realizador dun filme en inglés.
O manga orixinal apareceu en 2014 e converteu-se decontado nunha sensación mundial, dando lugar a unha série de anime que polo de agora xa leva seis tempadas. A história ten lugar nun mundo onde o 80% da xente posúe poderes (chamados “individualidades”). Pero o neno fan dos superheroes Izuku Midoriya nace sen ningún poder e iso fai que deba esquecer o seu soño de ir á Escola U.A. de adestramento para superheroes. Porén, un inesperado encontro co risoño heroe All Might irá mudar o seu destino.
A Legendary mercara os dereitos da saga xa en 2018 e conta con Mary Parent e Alex Garcia para producir a película. A Toho Co., Ltd. pola súa banda asegurou-se os dereitos de distribución para Xapón.