As orixes de Winnie-the-Pooh

565

Vários antigos empregados da DreamWorks Animation veñen de se unir para rodaren unha película e mais unha série de televisión precuela da clásica saga de libros de Winnie the Pooh orixinais de Alan Alexander Milne.

Mike de Seve (Monsters vs. Aliens) dirixirá o filme e será o co-guionista xunto a John Reynolds (The Mr. Peabody & Sherman Show). O proxecto inspirará-se en grande medida nas aclamadas películas da franquía de Paddington.

Nun comunicado, Reynolds dixo: “Imos narrar a abraiante história da orixe do “mozo urso parvo” e mais os seus amigos, cando aínda eran nenos, dun xeito deseñado para conectar cos rapaces do século XXI“.

A estrea da película está prevista para 2024 e irá seguida dunha série de televisión. Baboon, os estudos de animación de De Seve, colabora coa IQI na produción desta precuela.