Candidatos aos Razzies

0
172

O prémio RazzieVários filmes de ciéncia-ficción acadaron a dubidosa honra de seren nominados para os prémios Razzie, que se outorgan ás piores producións do cinema do ano pasado. As nominación déron-se a coñecer un día antes das do Oscar e os prémios serán outorgados igualmente a véspera da entrega das estatuíñas da Académia en Hollywood.

Entre os nominados ao pior filme están Disaster Movie, Case 300, The Happening, The Hottie and the Nottie, In the Name of the King: A Dungeon Siege Tale e The Love Guru.

O director de Dungeon Siege, Uwe Boll, pola súa banda, foi seleccionado para recebir o Razzie á pior carreira.

Indiana Jones e o reino da caveira de cristal será “honrado” cun prémio á peor precuela, remake ou secuela.