O guionista de Antlers e Servant, C. Henry Chaisson, escribirá a adaptación a unha série de televisión do thriller submariño de Nick Cutter de 2015 The Deep para a Amazon Prime.
Ambientada nun futuro próximo, a história céntra-se nunha estación de investigación no fondo do Océano Pacífico onde un milagroso descubrimento abre novas esperanzas para a humanidade. Nombergantes, os segredos desenterrados no fondo do océano poderían ter consecuéncias devastadoras para o mundo da superfície.
Mália levar o mesmo título, este proxecto non está vencellado á novela de Peter Benchley de 1976 nin á súa famosa adaptación cinematográfica de 1977.
Chaisson escribirá e producirá a série xunto co seu compromiso de escribir unha adaptación en inglés da novela curta do surcoreano Young-ha Kim Sarinja ŭi kiŏkpŏp (“Diário dun Asasino”, en galego) para a Mammoth Pictures. Chaisson tamén desenvolvera con anterioridade unha adaptación de Bone White, de Ronald Malfi, para a Amazon.
Os outros produtores executivos serán Carlton Cuse (Tom Clancy’s Jack Ryan) e Henrik Bastin e Melissa Aouate (Bosch).