ARK: The Animated Series

488

ARK: The Animated Series. Adaptando o famoso videoxogo e cun elenco de voces iniguálabel (Vin Diesel, Russell Crowe, Gerard ButlerMichelleYeoh, David Tennant, Karl Urban, Jeffrey Wright, Monica Bellucci, Elliot Page, Alan Tudyk e Malcolm McDowell) esta série abrangue eóns de história humana e mundial. A paleontóloga do século XXI Helena Walker atópa-se resucitada nunha misteriosa terra primixénia despois dunha traxédia. Alí deberá aprender a sobrevivir ou morrer de novo a mans de desapiadados señores da guerra, todo mentres tenta descubrir a verdadeira natureza deste mundo. A estrea aínda non determinou unha plataforma, pero será ao longo de 2023.