Tom Wilkinson e Jim Belushi están por asinar como protagonistas do vindeiro filme de Roman Polanski, The Ghost, un thriller baseado na novela homónima de Robert Harris que comezará a se rodar o vindeiro 4 de febreiro en Berlín.
Pierce Brosnan, Kim Cattrall, Ewan McGregor e Olivia Williams xa foran anunciados anteriormente para o reparto desta película, que conta cun guión do mesmo Harris e de Polanski, e que vai sobre un antigo Primeiro Ministro inglés que é abandoado nunha illa deserta cando o seu axudante se afoga e que conta cunha intriga política e sexual.
Polanski será o produtor xunto a Robert Benmussa e Alain Sarde. A rodaxe realizará-se principalmente na sede dos estudos Babelsberg.
A Summit Intl., que ten unha relación que ven de longo con Polanski e mais os produtores, seráa distribuidora deste filme, que xa conta con compradores en Franza, Alemaña, Inglaterra, Itália, os Estados bálticos, Benelux e o Leste de Europa, pero ainda non ten distribuidora nos Estados Unidos.
O anúncio deste reparto se fixo o mesmo día que un tribunal de Los Angeles decidiu un novo aprazamento sobre o recurso presentado por Polanski para que lle sexa anulada a pena imposta en 1977 por outro xulgado da mesma cidade por manter relacións sexuais cunha rapaza de 13 anos, o que impediu ao director regresar aos Estados Unidos dende aquela.