Jeremy Renner no hospital

381

Jeremy RennerO actor Jeremy Renner, quen dá vida a Hawkeye no Universo Cinemático Marvel e foi dúas veces nominado ao Oscar, atópa-se en estado crítico no hospital dende o domingo. Un voceiro afirma nun comunicado: “Podemos confirmar que Jeremy atópa-se en estado crítico pero estábel por mor das feridas sufridas tras un accidente relacionado coas condicións meteorolóxicas mentres quitaba neve hoxe cedo. A súa família está con el e está a recibir coidados excelentes“. A rexión de Mt. Rose Ski Tahoe, en Nevada, padeceu unha tormenta na noitevella que deixou sen electricidade a 35.000 fogares.