Freerealms, un xogo online gratuito

0
172

freerealmsAs dificuldades para rañar audiéncia aos seus competidores empurraron á Sony Online Entertainment a desenvolver un modelo de negócio baseado no acceso gratuito, sufragando os custes mediante publicidade prévia á carga do xogo, como tráilers de estreas de cinema, e conseguindo patrocinadores para as misións. Deste xeito non será estraño ler na pantalla que empresa patrocina a caza do dragón.

Cunha ampla experiencia no xénero online, xa que Sony Online Entertainment é responsábel de Everquest, un dos xogos mais famosos no seu momento, “o novo título é unha mistura de todo aquilo que lle poda gostar a un preadolescente“, en palabras do seu presidente, John Smedley durante a sua apresentación na feira de Las Vegas.

Mentres se crea o personaxe no mesmo navegador web mediante unha aplicación flash, o sistema trasfire todo o xogo ao computador en segundo plano. Deste xeito non hai incómodas instalacións nin tempos de carga. Os personaxes poden ser humanos ou fadas, éstas últimas pensadas para as nenas que seica senten maior atención cós nenos por estes seres.

Haberá catro modos de xogo, sendo o combate un deles, pero ao que ninguén estará obrigado, pois antes de cada liorta hai que aceitar un convite. Así crea-se un ambiente seguro onde desenvolver aos personaxes. Non hai morte nen sangue, só perdas do coñecemento.

Outros modos de xogo implican realizar micro-transaccións que a SOE confía en que os afeizoados farán co cartón de creto e o consentemento dos pais. Cos pontos obtidos pode-se mercar unha mascota e adicar-se por completo ao seu coidado.

No mundo de Freerealms hai decenas de xogos nos que participar, como xadrez, carreiras e un completísimo xogo de colección e troco de cartas que terá o seu equivalente no mundo real con barallas que poderán mercar-se en calquera quiosque.