O director Peter Segal revelou á prensa que a recentemente rematada folga de guionistas de Hollywood adiara o seu proxecto de filme sobre Shazam, pero que agora xa está de novo de volta para o traballo.
“Coido que ainda acontecerá“, dixo Segal (Get Smart) a un grupo de xornalistas no decurso da WonderCon en San Francisco na pasada fin de semana. “Pero o tempo vai ser un factor clave de agora en adiante, porque… normalmente estariamos a traballar nun guión mentres estabamos facendo a post-produción de Get Smart, así que agora que rematamos a post-produción, estamos listos para escomezar coa preprodución do seguinte proxecto“.
Pero Segal dixo que non non quería apurar-se para facer un guión para o filme, baseado na venerábel figura do Capitán Marvel, un persoaxe clásico da DC Comics. Segal confirmou asemade que o título agora é Billy Batson and the Legend of Shazam (en España Billy Batson foi traducido coma Memo Batson).
“Realmente non queremos apresurar-nos con algo coma Shazam“, dixo Segal. “Quero dicir que vai ser un filme realmente grande, grande en perspectivas e grande en prezo. Así que queremos asegurar-nos de que temos un guión sólido e prestar atención ao reparto e a toda a preprodución que hai ao redor disto. Xa sabedes, cando estea ben, farémo-lo“.
O vindeiro filme de Segal é Get Smart, baseado na série cómica de espías O Superaxente 86 dos anos 60. A estrea está prevista para o 20 de xuño.