Ant-Man & Wasp: Quantumania

50

MARVEL STUDIOS / Ant-Man & Wasp: Quantumania. Os superheroes Scott Lang (Paul Rudd) e Hope Van Dyne (Evangeline Lilly) regresan para continuar as súas aventuras coma o Home Formiga e mais a Véspora. Xunto aos pais de Hope, Hank Pym (Michael Douglas) e Janet Van Dyne (Michelle Pfeiffer), a família explorará o reino cuántico, no que atoparán estrañas novas criaturas e mais un novo e superpoderoso inimigo. A partir do 17 de febreiro nas salas de cinema e en 3D.