Ambos morren ao final na Netflix

118

Após dunha dura poxa contra outros cinco rivais, a Netflix ven de se facer cos dereitos para levar ás pantallas a novela para adolescentes They Both Die at the End, orixinal do escritor Adam Silvera e que foi número 1 de vendas en 2017.

A história está situada nun futuro próximo onde todo o mundo recibe unha burocrática chamada de teléfone onde lle notifican o comezo dos seus derradeiros días no mundo. Un grupo aparentemente dispar de persoas vive as súas horas finais de medo, divertidas, estrañas, esperanzadas, románticas e inesperadas, todas vencelladas a través de dous rapaces adolescentes.

O acordo conta co compromiso de escribir un guión importante para facer unha série, que produce a eOne. O creador de Bridgerton, Chris Van Dusen, o produtor executivo de Yellowjackets, Drew Comins, e mais o artista escenográfico Bad Bunny participan no proxecto, para o cal Van Dusen escribirá o piloto.

A novela, que é a primeira protagonizada por latinos que acadou o número 1 de vendas no New York Times, contou cun grande rexurdimento durante a pandémia do covid grazas ao masivo apóio de influencers en TikTok.

O proxecto estivo anteriormente en desenvolvemento na HBO, onde contaba coa participación da Bad Robot de J.J. Abrams e mais o co-creador da comédia The Other Two, Chris Kelly, pero non chegou a se producir cando a Warner Bros. Discovery mercou a compañía e comezou a recurtar custes.