Unha cuarta tempada de Picard

57

Star Trek PicardO produtor executivo de Star Trek: Picard, Alex Kurtzman, revelou onte no decurso da gala da Asociación de Críticos de Televisión que non pecha a porta a unha posíbel cuarta tempada da série, decindo que “se a série arrasa, coma agardamos, xa que estamos moi orgullosos da terceira tempada, quen sabe?“. O protagonista Patrick Stewart, pola súa banda, comentou que se o programa “mantén o traballo de calidade“, está aberto a reaparecer. A nova quenda de episódios estréa-se en Europa o venres 17 de febreiro na Paramount+.