M3GAN terá secuela e versión mais gore

125

Cunha cualificación de para maiores de 13 anos, o que lle abriu as portas aos adolescentes, o filme de terror M3GAN estreou-se o pasado fin de semana con enorme éxito, acadando 30 millóns de dólares tan só nos despachos de billetes americanos.

Aínda que a película rodou-se sen unha cualificación por idades específica en mente, o paso de para maiores de 18 a maiores de 13 non foi moi difícil e os produtores afirman que os cámbios que tiveron que facer foron moi pequenos.

Agora a súa guionista, Akela Cooper, responsábel tamén da sanguenta Malignant de James Wan, revelou que o seu esbozo orixinal contiña moito mais gore, e que teñen previsto publicar unha versión sen cualificación de idades para mais adiante: “Sen facer sombra á Universal, quéro-os, e entendo que unha vez que o tráiler se fixo viral, os adolescentes se vencellaron e queres que poidan ve-la. Debería haber unha versión non cualificada nalgún momento. Escoitei que está na axenda. Pero si, era moito mais gore. O número de cadáveres no guión era maior ca na película“.

A outra cousa que tamén seica está en marcha é M3GAN 2, porque a secuela atópa-se xa en fase de desenvolvemento dende o pasado venres.