Baño nocturno para Russell e Condon

404

Wyatt Russell (US Agent en The Falcon and the Winter Soldier) e mais Kerry Condon (a voz de F.R.I.D.A.Y. no Universo Cinemático da Marvel) serán os protagonistas de Night Swim, o novo thriller sobrenatural dirixido por Bryce McGuire para a Atomic Monster, a Blumhouse e a Universal Pictures.

O proxecto está baseado nunha curta do mesmo nome creada por McGuire e Rod Blackhurst, e vai sobre unha fonte de terror oculta que é atopada na piscina dun pátio traseiro. Esta será a seguinte oportunidade de obtér un novo trunfo dos produtores James Wan e Jason Blum após do seu éxito nos despachos de billetes con M3GAN ao longo da semana pasada.

Night Swim ten xa unha data de estrea asignada, o 19 de xaneiro de 2024, polo que a súa rodaxe dará comezo axiña.