Walking Dead remata unha das súas séries

59

Fear the Walking DeadA AMC ven de anunciar que a súa série secuela Fear the Walking Dead rematará coa oitava tempada, que durará doce episódios a estrear en dous blocos de seis cadanseu. O primeiro deles ten a estrea para o 14 de maio. Nombergantes, este non é nin moito menos o final da franquía dos zombis, porque hai pendentes tres séries novas: The Walking Dead: Dead City, The Walking Dead: Daryl Dixon e mais unha terceira, aínda sen nome, protagonizada polos persoaxes de Rick Grimes e Michonne.