Gañadores dos Golden Globes

68

Ke Huy QuanAínda que entre os gañadores dos Globos de Ouro deste ano, cuxa gala tivo lugar onte, houbo algunhas sorpresas a salientar, coma no caso dos produtores de House of the Dragon, que non tiñan nin discurso preparado, os intereses para os afeccionados ao xénero fantástico céntran-se en Michelle Yeoh, gañadora do prémio á mellor actriz nunha longametraxe por Everything Everywhere All at Once, Angela Basset, mellor actriz secundária por Black Panther: Wakanda Forever, e moi especialmente, Ke Huy Quan, quen regresaba aos escenários após mais de vinte anos, coma mellor secundário en Everything Everywhere All at Once. O filme Guillermo del Toro’s Pinocchio fíxo-se pola súa banda co prémio á mellor longametraxe de debuxos animados.