Ciéncia-ficción no festival de Sundance

689

Un fotograma de Cold SoulsTres longametraxes de ciéncia-ficción de baixo orzamento se exibirán durante o prestixioso festival de cinema independente de Sundance. En concreto serán Cold Souls, sobre un home que perde o seu espírito nunha operación rusa de tráfico de almas, dirixida pola francesa Sophie Barthes e protagonizada por Paul Giamatti; Moon, do inglés Duncan Jones, na que Sam Rockwell encarna a un contratista nunha operación de minería de hélio na superfície lunar; e The Clone Returns Home, do director xaponés Kanji Nakajima, sobre o clon dun astronauta morto que atravesa unha crise de memória e identidade.

En Moon, o protagonista está acompañado por un torpe robot, cuxa voz fai o actor Kevin Spacey. O filme conta con algúns efectos dixitais, pero a maior parte rodou-se con cámara, nun estudo recreando o interior dunha base luar e con miniaturas de estruturas e veículos na superfície luar. “Coido que os efectos con cámara volven a todo vapor“, dixo Rockwell. “Coido que a xente está cansa do brillo das imaxes xeradas por computador e quere ver efectos da vella escola, coma antes“.

Pola sua banda Paul Giamatti sinalou que prefire “os filmes de ciénciaficción de baixo orzamento nos que un de feito ten un sítio de rodaxe. Iso semella-me moito mais interesante e evocador que moitos dos gráficos computerizados“.