William H. Macy chega ao planeta dos símios

132

William H. MacyWilliam H. Macy ven de unir o seu nome aos de Owen Teague, Freya Allan e Peter Macon para o elenco de protagonistas de Kingdom of the Planet of the Apes, o novo filme da saga do planeta dos símios que dirixirá Wes Ball para a 20th Century Studios. Esta cuarta entrega terá lugar moitos anos despois dos acontecementos de War for the Planet of the Apes (Matt Reeves, 2017) pero estará aínda baseada na continuidade que comezou en 2011 con Rise of the Planet of the Apes. Josh Friedman, Rick Jaffa, Amanda Silver e Patrick Aison escribiron o guión.