Os realizadores Sam Raimi e Paul Feig traballarán xuntos na adaptación ao cinema da recente novela Suburban Hell da escritora Maureen Kilmer, que producirá a Legendary Entertainment e mais as compañías Ghost House e Feigco Entertainment.
O libro vai sobre un grupo de nais e boas amigas que viven nunha zona das aforas e cuxa amizade verá-se posta a proba cando unha delas sexa posuída por un demo. Aínda que a novela está escrita nun estilo mais ben cómico, aínda non se sabe se este mesmo tón será o que teña a súa versión para as pantallas.
Joanna Calo (BoJack Horseman) encargará-se de escribir o guión, que producirán Feig, Raimi, Laura Fischer e Rob Tapert. Polo momento non hai datas para o comezo da rodaxe.