Frederik Pohl abre un blog

0
323

O grande mestre americano Frederik Pohl, autor de Pórtico, Homo Plus, A guerra dos mercaderes e moitos outros clásicos do xénero, abriu un blog no que, segundo as suas próprias palabras, pretende ir ampliando a sua autobiografía publicada en 1979 e que leva 22 anos esgotada, falando sobre todo dos autores de ciéncia-ficción que coñeceu, e por outra banda, debido á petición das suas editoras, obter un pouco de publicidade.

O blog abriu-se o pasado dia 5 de xaneiro cun post sobre como se coñeceron Arthur C. Clarke e el, e da sua colaboración na novela The last theorem.

O enderezo do blog é: www.thewaythefutureblogs.com.