O futuro das Bestas Fantásticas

524

Fantastic BeastsO destino da franquía de Fantastic Beasts semella moi escuro. O filme mais recente da saga, Fantastic Beasts: The Secrets of Dumbledore, só puido recadar 400 millóns de dólares contra un orzamento de 200, o que o pon moi preto das perdas. As amargas polémicas protagonizadas pola creadora J.K. Rowling están a lle pasar factura e os proxectos dunha cuarta e quinta películas semellan mortos polo de agora, especialmente despois de que en novembro o novo CEO da Warners, David Zaslav, comezara a meter as tesoiras en todos os plans de futuro.